MANIFESTO
Era de dominio público que a monarquía borbónica, restaurada en 1975 por decisión de Franco, amasou dende entón unha enorme fortuna en base a comisión e chanchullos ilegais amparados na impunidade da figura do monarca.
Costou que saíra a luz o caso Noos que levou ao cárcere ao cuñado do actual rei, Iñaki Urdangarín, cuxos negocios ilegais facíaos en nome do que entón era rei, Juan Carlos I.
E agora agroma outro episodio de corrupción de comisións ilegais vencellado á siniestra monarquía saudí coa que Juan Carlos I ten estreitos vencellos persoais e económicos que Felipe VI mantén.
Ata o de agora tódalas actuacións do rei estiveron amparadas no artigo 56.3 da Constitución Española que di textualmente “A persoa do Rei é inviolable e non está suxeita a responsabilidade”. Pero sería discutible saber se esa inviolabilidade ampara só as súas actuacións políticas derivadas do seu cargo, ou tamén aos seus actos presuntamente delituosos de responsabilidade civil ou penal. Todos iguais diante da Lei?.
Nun estado de dereito é obrigatorio investigar as denuncias por actuacións ilícitas, con independencia de quen sexa o que as comete. Esiximos por iso á Fiscalía e os Tribunais de Xustiza que cheguen ata o fondo na súa investigación dos negocios do ex rei Juan Carlos I e ao Congreso dos Deputados que rectifique a decisión da Mesa de non crear unha comisión de investigación.
Atopánomos de novo diante dunha anomalía democrática que trata de protexer a unha institución que nos foi imposta na transición. O cálculo aproximado que se estíma da fortuna acumulada pola monarquía española en absoluto se corresponde coa asignación anual dos presupostos do Estado; só se pode explicar polos abondosos casos de corrupción que agromaron perante estes anos e polo uso da intermediación de testaferros e xente próxima á institución.
O comunicado feito público pola Zarzuela o pasado 14 de marzo só confirma as sospeitas de corrupción que están na orixe da fortuna acumulada pola Casa Real. Por mais que o comunicado pretenda o contrario, o actual rei Felipe VI esta implicado plenamente nas actividades ilícitas da súa familia.
A democracia para ser plena, esixe tamén que a forma de Estado sexa decidida polo pobo. A Monarquía, polo tanto, debe deixar paso a un novo réxime que deberá ser decidido por medio dun referendo vinculante.
Facemos un chamamento á poboación para que se mobilice coa fin de acadar estes obxectivos democráticos. Agora é o momento.
¡FORA A MONARQUÍA CORRUPTA!
¡REFERÉNDUM VINCULANTE, XA!
#BorbonesLadrones